Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Samos de 84 anos crea un museo etnográfico á beira do Camiño

Un veciño de Samos de 84 anos crea un museo etnográfico á beira do Camiño

Leva máis de medio século recollendo pezas por toda a provincia de Lugo

Todos os apeiros e ferramentas están listos para seren usados

G24.gal 25/03/2024 20:02 Última actualización 25/03/2024 20:21

O que diferencia este museo doutros que recollen pezas etnográficas é que todos os elementos están listos para ser empregados. Dende a serra portuguesa ou o tear ata un dos primeiros teléfonos que apareceron pola zona de Samos. De feito, o seu propietario non se decidiu a abrilo ata ter garantido que todo traballe.

Pío emigrou a Francia hai 60 anos e xa daquela levaba na cabeza crear un museo en que dar cabida a todo o que o mundo rural abranguía cando tivo que marchar. Agora, con 84 anos feitos e logo de medio século recuperando pezas, puido cumprir o seu soño. Un soño que precisou de moito esforzo, pero no que tamén tivo a axuda dos amigos.

O museo vai servir tamén para que os milleiros de peregrinos que pasan á súa beira todos os anos poidan coñecer tamén algo máis da historia do campo galego.

A inauguración oficial do museo, situado a tiro de pedra do famoso mosteiro de Samos, vai ter lugar este Xoves Santo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade