Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran a roubar no Museo do Ferrocarril de Ourense dúas veces nunha semana

Entran a roubar no Museo do Ferrocarril de Ourense dúas veces nunha semana

Levaron un botín duns 1.200 euros en efectivo e pezas de valor histórico como farois ou gorras de ferroviario

G24.gal 08/09/2024 09:10 Última actualización 08/09/2024 11:19

Nunha semana entraron a roubar dúas veces no Museo do Ferrocarril de Ourense, situado no barrio da Ponte.

"Entraron por unha fiestra a primeira vez e quitaron o enreixado. Despois do roubo, ancorámola pero romperon o cristal e volveron entrar", explica Javier Cañedo, presidente da Asociación Amigos do Ferrocarril de Ourense, que xestiona o museo.

Da primeira volta actuaron sobre todo na sala de maquetas e no bar. Días despois, rebentaron a porta da oficina e marcharon cuns 1.200 euros en efectivo. Tamén levaron varias pezas do museo como farois ou gorras de ferroviario.

"Estas pezas teñen valor porque son moi antigas, pero para unha persoa da rúa non teñen valor. Entón non sei porque quixeron entrar aquí".

É a primeira vez que entran a roubar no museo, que non está aberto ao público. Porén, na zona xa ten habido máis furtos. A veciñanza da Ponte reclámalle ás autoridades un incremento da seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade