Crean un xemelgo dixital da catedral de Santiago para protexela das inclemencias do tempo
Crean un xemelgo dixital da catedral de Santiago para protexela das inclemencias do tempo
"Permite coñecer con certa anticipación as condicións climáticas, medidas en humidade e vento, que van afectar aos elementos artísticos da catedral", salientou o conselleiro de Cultura
Dous anos tardaron os físicos e enxeñeiros das universidades de Santiago e A Coruña en desenvolver o proxecto de modelaxe computacional en que facer as simulacións para describir a dinámica dos fluxos de aire e polo tanto da humidade no templo.
Co xemelgo dixital da catedral de Santiago pódense coñecer con exactitude os problemas que a climatoloxía causa no seu interior.
Financiado pola Xunta e co apoio la Fundación Catedral, o proxecto permite deseñar unha estratexia de ventilación para o templo a través dun modelo que reproduce en 3D non só o seu espazo interior senón tamén todas as posibles entradas de aire que existen.
Segundo Román Rodriguez, o conselleiro de cultura, "é a primeira vez, en España ata onde nós sabemos, que existe un sistema semellante. Un sistema de predición, un sistema de simulación que nos permita coñecer con certa anticipación as condicións climáticas, medidas en humidade e vento, que van afectar aos elementos artísticos da catedral. Iso nos permite prever. Búscase, coñecer para prever".
En definitiva, do que se trata é de favorecer o mantemento, a protección e conservación do noso patrimonio.