Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crise no PP: Casado reúne o comité de dirección do partido

Crise no PP: Casado reúne o comité de dirección do partido

Cada vez son máis os que apuntan a un congreso extraordinario como única solución para volver unir o partido

Feijóo di que "é imprescindible e urxente tomar decisións" para pechar a crise no PP

Almeida quere deixar a Portavocía nacional do PP

G24.gal 21/02/2022 08:16

A dirección do PP reúnese ás 11 desta mañá, vinte e catro horas despois dunha imaxe que para moitos marca un punto de inflexión. Máis de 3.000 persoas manifestándose na rúa Génova con berros de "Casado dimisión" e "Ayuso presidenta". 

Nas filas do PP admiten a súa preocupación pola imaxe dun partido fracturado e hoxe a prensa publica varias enquisas que apuntan a un afundimento de Casado, que cede o liderado ao PSOE e un terzo dos votantes a Vox. 

Dirixentes territoriais alertan do desapego dos militantes coa actual dirección e nas últimas horas só o presidente de Murcia tomou posición publicamente a favor de Casado.

As direccións territoriais agardan que Casado anuncie decisións importantes despois da reunión desta mañá co seu núcleo duro. E cada vez máis voces defenden a convocatoria dun congreso extraordinario para renovar a dirección.

Para forzalo, serían necesarios dous terzos da Xunta Directiva Nacional, integrada por uns 500 cargos do PP. E tería que pasar un mes como mínimo dende a convocatoria á celebración. Por iso outras voces reclaman unha solución máis urxente, como a designación dunha xestora que leve o partido ata o congreso ordinario previsto para o verán.

De momento toda a atención está posta en Génova e no que poida anunciar Casado este mediodía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade