Cristiano mete a cabeza nos oitavos de final
Cristiano mete a cabeza nos oitavos de final
Portugal suma os seis puntos despois de gañarlle por 2-0 a Uruguai cun dobrete de Bruno Fernandes
Será o seu último mundial, e Cristiano Ronaldo quere despedirse pola porta grande. Xa logrou o fito individual de ser o primeiro xogador que marcou en cinco mundiais. Agora quere levar a súa selección o máis lonxe posible. No 2006 chegou a ser cuarto, pero Cristiano o que quere é superar o terceiro que logrou a selección liderada por Eusebio en 1966.
A única pega para o ego de Cristiano foi que a FIFA non lle deu o primeiro gol do partido. Un centro de Bruno Fernandes que o de Madeira non chegou a tocar aínda que o celebrase como se o fixese. O propio Fernandes anotou o segundo nun penalti por mans de Giménez.
🇵🇹 ¡Así se tira un penalti! Bruno Fernandes, con mucha de sangre fría, cierra el partido#GolMundial pic.twitter.com/K3TAGOlEFp
— Gol Mundial (@Gol) November 28, 2022
Uruguai demostra que o troco xeracional vai ser complicado. Cavani e Suárez están nas últimas (cero goles en dous partidos), e os que veñen aínda están lonxe do nivel que conseguiron estes xogadores hai unha década. Xeraron ocasións pero non as deron definido diante de Diogo Costa. Quedan cun punto e coas opcións diminuídas para a última xornada.
🎩 ¿Pero qué has hecho, Bentancur?
— Gol Mundial (@Gol) November 28, 2022
✋🏽 ¡La intervención de Diogo Costa evita uno de los goles de #Qatar2022!#GolMundial pic.twitter.com/W4NNviJ3Fy
😱 ¡El palo todavía tiembla! Primer balón que toca @gomez_maxi9 y casi empata el partido #URU#GolMundial pic.twitter.com/h0fMSJoQWR
— Gol Mundial (@Gol) November 28, 2022