Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal: "Chegou o momento soñado polo Rácing"

Cristóbal: "Chegou o momento soñado polo Rácing"

O domingo, en Balaídos, xogan as semifinais do playoff de ascenso a Segunda División contra o Nástic de Tarragona

O adestrador dos ferroláns asegura que especular co empate sería o maior erro

Admite que "sería máis bonito para as afeccións xogar unha eliminatoria a dobre partido" nos campos do Nástic e na Malata

Cristóbal dispón de todos os xogadores contra o Nástic, agás o lesionado Yeferson Quintana
G24.gal 03/06/2022 21:17

Cristóbal non perde unha miga de tranquilidade a dous días do playoff, do momento clave da temporada para o Rácing: "O momento soñado por todos, non? Hai que xogar co corazón pero tamén coa cabeza", di o adestrador.

Por iso refire non pensar que o empate lles basta aos ferroláns. "Hai cento vinte minutos antes", lembra, "sería o noso maior erro. Nunca saímos a especular".

Admite que prefería unha eliminatoria a dobre partido. "Quizais sería máis bonito para as afeccións, cun partido de ida e outro de volta cos estadios cheos. A un só partido non hai marxe e non se pode fallar".

A vitoria de hai quince días en Balaídos non lle serve de referencia a Cristóbal: "Non ten nada que ver o partido que nos propón o Celta co que nos vai propoñer o Nástic".

E como xogan os cataláns? Pois o adestrador do Nástic, Raül Agnés, descríbeo dunha maneira informal: "Somos unha 'mosca cojonera'. Téñennos que matar".

O Rácing vai con todo. A única baixa é a do central Yeferson Quintana, lesionado no partido de Vigo. Talvez chegue á desexada final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade