Publicador de contidos
Publicador de contidos

Croacia remata co soño do Canadá (4-1)

Croacia remata co soño do Canadá (4-1)

Os americanos adiantáronse no marcador, pero acabaron goleados polos últimos subcampións

G24.gal 27/11/2022 21:05

O soño de Canadá durou media hora ante Croacia. Un inicio asoballador deulle para adiantarse no marcador aos dous minutos por medio de Alphonso Davies. Canadá confirmou que é un equipo físico, rápido. E con futbolistas de calidade, como Davies ou Buchanan.

No arranque trouxeron de cabeza a Croacia, pero pasado esa arreada inicial, Croacia soubo encontrar vantaxe na desorganización rival. Porque ese é o problema deste Canadá, que é un equipo que se desorganiza con facilidade. Antes do descanso empataba Kramaric. E mesmo os croatas conseguían darlle volta grazas a unha acción de Kovacic, cun bonito cano, que soubo aproveitar Livaja.

Do Canadá engadiremos que sempre o tentou, que nunca baixou no seu desexo, pero que os seus propios erros e o oficio croata acabaron por desfacelos. Aos 70 minutos Kramaric controlou e, entre tres, conseguiu perfilarse e pegar. 1-3. E o un 1-4 definitivo xa no tempo de compensación. Cando Miller errou no corte e Sosa marchou só. Sosa deixouna fácil e Majer concretou. Goleada de Croacia e derrota cruel para unha Canadá que queda eliminada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos