Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cuarta derrota consecutiva do Celta Fortuna (2-1)

Cuarta derrota consecutiva do Celta Fortuna (2-1)

Outra remonta nos últimos minutos impide que o Celta Fortuna rescate algún punto en Palamós

Un gol anulado a Yoel Lago e unha posíbel man de Caballero no segundo gol, as xogadas polémicas

G24.gal 03/02/2024 16:52

Comezaba o encontro cun recoñecible Celta Fortuna. Os canteiráns do Celta buscaron facerse co balón, ser dominadores e, a partir de aí, crear situacións de ataque. A primeira chegou tras un rexeitamento ao cal Hugo Álvarez puxo a cabeza, pero o balón marchou desviado. Foi o primeiro aviso dos galegos, pero non o último. Pablo Durán plantouse diante de Rubén Miño poucos minutos máis tarde. Definiu coa zurda, pero saíulle centrado facéndolle máis doado o traballo ao exdeportivista. Espertaba tamén o Cornellá, Marc Tenas internouse na área do Celta Fortuna. Definiu con zurda e foi defectuoso, marchando desviado. Non estaba a aproveitar o Celta as súas ocasións. Hugo Álvarez tentouno de falta desde á frontal, pitada tras un derribo a Alfon cando quedaba diante de Rubén Miño. O ourensán mandou o balón preto do traveseiro. Pouco tardaron os de Giráldez en volver ter unha ocasión clara, a máis clara. Fantástico pase de Dela a Alfon, quen se plantou só diante do porteiro. Disparou co interior, colocada o pau dereito e alí espetou. A máis clara na primeira metade. A partir de aquí foi o Cornellá quen puxo en apuros a zaga celeste. Primeiro foi Clau Mendes de cabeza, que saíu rozando o traveseiro. Despois, unha volea de Armando obrigou a Ruly a voar para enviala a córner.

Con todo, este treito de temporada a fortuna non acompaña o filial celeste, nunca mellor dito. Comezaron anulando un gol a Yoel Lago por fóra de xogo, máis que dubidoso, tras unha falta lateral. Con todo, pouco despois Hugo Álvarez vestiuse de mago, fixo unha gran xogada individual, caneou a seu par e puxo o balón con sutileza na base do poste. Un golazo. E tivo o Celta a opción de ampliar o marcador. Alfon tentouno cun centro xute pero ninguén chegou a ese balón. Outra vez os minutos finais condenaron os de Giráldez. No 84, tras un centro lateral, Joel López, no seu intento de despexar o balón, introduciuna na propia portería. O Celta Fortuna puido poñerse por diante tras unha cabezada de Dani González á que Rubén Miño fixo un paradón. Tan só 5 minutos máis tarde, Clau Mendes puxo o balón desde a esquerda. No segundo pau controlou Caballero, quen fusilou a Ruly para facer o 2-1. Toda a defensa do Celta Fortuna pediu man tralo control

Os de Giráldez suman a súa 4 derrota consecutiva que lles lastra na loita polo liderado do Grupo 1 da 1ºRFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos