Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a recuperación da Serra do Courel arrasada polos lumes

Comeza a recuperación da Serra do Courel arrasada polos lumes

As perdas no monte afectan ao aproveitamento madeireiro e tamén á produción de mel

G24.gal 18/09/2022 14:46 Última actualización 18/09/2022 16:24

Comezan a verse os primeiros brotes verdes logo de que hai dous meses un incendio arrasara boa parte da Serra do Courel. As lapas queimaron máis de once mil hectáreas dun terreo de gran valor ecolóxico.  

O peor foi que tamén arderon casas, iso si, sen deixar vítimas humanas. Pero a degradación do monte afecta non só ao aproveitamento madeireiro, senón tamén á produción de mel. 

A recuperación é complicada e longa no tempo. Os traballos para protexer o solo alí onde o manto vexetal resultou máis afectado xa comezaron. Consisten en facer un acolchado con palla. Realizarase en 106 hectáreas.

Con todo, as perdas son cuantiosas. Nalgunha comunidade de montes roldan os tres millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade