Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fixo 50 anos da primeira lectura dun código de barras

Fixo 50 anos da primeira lectura dun código de barras

O 26 de xuño de 1974 Sharon Buchanan, caixeira dun supermercado de Ohio, leu o código de barras dunha goma de mascar

Supuxo unha revolución que continúa en evolución da man dos QR

G24.gal 26/06/2024 21:31

Hoxe cúmprense 50 anos da primeira lectura dun código de barras. O sistema converteuse nunha revolución, e hoxe, medio século despois, continúa en evolución. Cada vez nos conta máis sobre a historia de cada produto.

Dáse por suposto, nin se pensa apenas. Pero case sempre levamos algún código de barras enriba.

Valorado pola BBC como un dos 50 inventos que creou a economía contemporánea, fixo posible saltar do comercio tradicional á distribución moderna. E a primeira vez que se leu un código de barras foi nos Estados Unidos hai 50 anos.

O 26 de xuño de 1974 leron nun supermercado o código de barras dunha goma de mascar. Supuxo unha revolución na loxística e tamén no proceso de compra. Números e raias que nos contan a historia do que collemos entre as mans.

E non só iso. Fómolo empregando para nos identificar, para salvagardar a nosa identidade nos exames e mesmo para votar. E a evolución continúa da man dos QR.

Outro concepto de lectura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade