Día Mundial do Ictus: recuperar das secuelas con terapia ocupacional
Día Mundial do Ictus: recuperar das secuelas con terapia ocupacional
Cada ano 130.000 persoas sofren un ictus en España
O custo social deste accidente vascular representa o 5 % do gasto sanitario público
Perda de forza, falta de mobilidade e dificultade de expresión ou comprensión. Son síntomas que nos poden alertar. Un ictus é un accidente vascular que se produce cando o sangue sofre un atasco no seu camiño ao cerebro. Canto antes interveñen os médicos menos consecuencias terá e na recuperación das secuelas axuda a terapia ocupacional.
Cada ano 130.000 persoas sofren un ictus en España. En máis do 80 % dos casos é evitable se se controlan os factores de risco -tensión arterial, diabetes, colesterol ou o tabaco-.
Estímase que o custo social do ictus supera os 6.000 millóns de euros. Cifra que representa o 5 % do gasto sanitario público.