Dúas viaxes a Benidorm deixa 30 positivos por covid na provincia de Ourense
Dúas viaxes a Benidorm deixa 30 positivos por covid na provincia de Ourense
Os dous gromos fan ascender un día máis os casos activos da área sanitaria de Ourense
Teresa Gómez, da asociación de pensionistas Fonval, organizou a viaxe a Benidorm dende Barbadás. Foron gozar dunhas vacacións de dez días, foi ao chegar á casa cando unha das excursionistas deu positivo.
O Sergas fixo entón un cribado aos 45 viaxeiros mais o chofer, dez están contaxiados. O outro gromo orixinouse tamén en Benidorm pero noutra excursión de 33 xubilados que partiron da comarca do Carballiño. 20 persoas relacionadas con este foco, están contaxiadas coa covid-19.
Estes dous gromos suman 30 contaxios e fan ascender un día máis os casos activos da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, con 138 hoxe. O feito de que o 95 por cento estea vacinado fai que o virus se espalle máis lentamente.
Por iso dende Sanidade insisten na necesidade de non baixar a garda e manter as medidas preventivas.