Damián Rodríguez amplía o seu contrato co Celta ata o 2028
Damián Rodríguez amplía o seu contrato co Celta ata o 2028
Tamén avanzou que o club está "moi preto" de pechar as renovación de Hugo Álvarez e Hugo Sotelo
O mexicano Marco Garcés, director deportivo do Celta, anunciou este martes que o centrocampista Damián Rodríguez ampliou tres anos máis, ata xuño de 2028, o seu contrato co club galego.
"Pechamos a negociación con Damián para que siga catro anos máis connosco", explicou o máximo responsable da área deportiva.
Tamén avanzou que o club está "moi preto" de pechar a renovación doutros dous canteiráns, Hugo Álvarez e Hugo Sotelo.
Damián Rodríguez, que deu o salto ao primeiro equipo da man de Claudio Giráldez, é o primeiro xogador que alcanza a Primeira División pasando por cada unha das categorías que conforman a canteira do Celta.
“Poucos adxectivos poden cualificar a un xogador de sangue celeste. Un xogador que escalou cada banzo da pirámide que engrosa este club para converterse nunha figura clave do primeiro equipo”, destaca o Celta no seu comunicado.
Damián Rodríguez comezou a súa andaina no Celta co equipo benxamín B. Na tempada 2022-23 pasou a formar parte das filas do Celta C-Gran Peña, no que só estivo un ano. O curso seguinte formou parte do equipo do Celta Fortuna, dirixido entón por Claudio Giráldez.