Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dani Alves pasará un día máis en prisión ao non conseguir reunir a fianza dun millón de euros

Dani Alves pasará un día máis en prisión ao non conseguir reunir a fianza dun millón de euros

Alves manexa dúas opcións para conseguir os cartos: recorrer ao pai de Neymar, que xa lle prestara os 150.000 euros que lle pagou á vítima en concepto de responsabilidade civil, ou agardar unha devolución millonaria da Axencia Tributaria

G24.gal 21/03/2024 15:04

Dani Alves tiña de marxe ata as dúas para consignar o millón de euros da fianza imposta pola Audiencia de Barcelona, e que esta transferencia fose comprobada por un letrado da administración de xustiza. Un trámite que aínda non se produciu, polo que a súa saída do cárcere, no que leva 14 meses, atrásase ata mañá.

Alves manexa dúas opcións para conseguir os cartos: recorrer ao pai de Neymar, que xa lle prestara os 150.000 euros que lle pagou á vítima en concepto de responsabilidade civil, ou agardar unha devolución millonaria da Axencia Tributaria.

O futbolista ten embargadas as súas contas no Brasil por un litixio coa súa exmuller, e a súa letrada asegura que a súa situación económica é "afogada". Pero a defensa da vítima cre que se fai "unha xustiza para ricos", e vai recorrer a medida: "Lánzase a mensaxe de que hai unha xustiza para persoas ricas, e que aínda habendo unha sentenza condenatoria, se pagan unha fianza non teñen consecuencias penais".

Hai críticas tamén do colectivo feminista á resolución da Audiencia. Para a voceira da Comisión 8M "Supón que a xustiza, amais de patriarcal, é clasista".

E de membros do Goberno, como o ministro de Cultura: "A xustiza actuou, e eu teño que dicir que a in particularmente chócame que por un tema económico non vaia cumprir a pena. Pleno respecto polas decisións xudiciais, pero a min isto chócame". 

Tamén se pronunciou o presidente do Brasil. Lula da Silva. Criticou a fianza, e asegurou que "o diñeiro que ten Alves non pode comprar a ofensa que un home lle fai a unha muller ao cometer unha violación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade