Dani Barcia: “Sería todo un soño seguir no once inicial”
Dani Barcia: “Sería todo un soño seguir no once inicial”
O futbolista de Cambre foi o último canteirán en debutar no fútbol profesional co Deportivo
Dani Barcia foi un dos nomes propios o pasado sábado ante o Burgos. A súa titularidade supuxo deixar no banco a un peso pasado como Pablo Martínez.
A aposta polo canteirán foi, para o propio xogador, un “soño cumprido”, e “unha sensación que non podo explicar”.
Para o coruñés, verse no once supuxo.
“Moita alegría. Moitos anos qui traballando. É o que levo buscando todo o tempo. É unha alegría que non podes conter e é algo que levas buscando desde pequeniño”.
Lamenta Barcia, en todo caso, que o seu esperado debut, non se producise cunha vitoria do Deportivo.
“Os tres puntos serían como poñer o broche a todo, pero hai que seguir”, explica.
Tras o seu debut, agora Dani Barcia espera poder continuar unha semana máis no equipo inicial.
“O que fixen xa o ano pasado, tentei demostrar todo o que puiden. Non tiven os minutos que quixera, pero estaba no Deportivo e xa era un premio. Este ano, estando na casa en Segunda é unha alegría inmensa estar aquí e cada minuto que teña vou aproveitar coma se fose o último. Sería un soño poder seguir no once”, destaca.
O canteirán confía no equipo
"A idea era sacar o balón desde atrás, ter a máxima posesión e a idea segue sendo a mesma".
"Con confianza pero temos que pulir detalles. Melloraremos, os puntos chegarán".