Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triplícanse os contaxios de covid nunha semana nas residencias de maiores galegas

Triplícanse os contaxios de covid nunha semana nas residencias de maiores galegas

Destaca a residencia de Ordes con 19 casos 

G24.gal 05/01/2022 19:17

Os usuarios contaxiados con coronavirus nas residencias de maiores son 107 fronte aos 34 de hai unha semana, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

As residencias con máis casos son Residencia Ordes con 19, a de Pontevedra con 15, a residencia Orpea con 12, Clece Vitan Bastiagueiro con 9 e 8 na Vía da Prata. Con 6 contaxios está a de Marín mentres que as da Veiga, O Valadouro, Santa Marta e Bo Día Castrelos teñen cinco casos cada unha. O resto teñen 3 ou menos usuarios contaxiados.

No caso das residencias de discapacidade ol número de contaxios reduciuse de 9 a 2 usuarios en Sarria e Redondela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos