Farmacias galegas súmanse á iniciativa do Consello Xeral de Farmaceúticos para compartir datos de tratamentos a través dunha app
Farmacias galegas súmanse á iniciativa do Consello Xeral de Farmaceúticos para compartir datos de tratamentos a través dunha app
Farmacias galegas súmanse á iniciativa do Consello Xeral de Farmaceúticos para compartir datos de tratamentos a través dunha app
A iniciativa permitiría optimizar a atención cando os pacientes se despracen a outras comunidades
1.100 farmacias a nivel estatal, 16 delas en Ourense, estrean unha nova app coa que se pretende mellorar o servizo aos usuarios. Sempre de forma voluntaria, o sistema permite compartir con todas as farmacias adheridas a mesma información e coñecemento que ten o noso farmacéutico de confianza.
Faise cunha tarxeta e unha app, que se pode descargar no móbil, e coa que cada quen pode decidir que información quere compartir.
"Pode ter toda a información que desexe comunicar voluntariamente ao farmacéutico: información sobre as súas patoloxías, medicación habitual...", explica o presidente do Colexio Oficial de Farmaceúticos de Ourense, Santiago Leis Vence.
Medicións, analíticas, incidencias ou problemas con medicamentos, incompatibilidades e ademais todo o relativo tanto á sanidade púiblica como á privada.
"Polo tanto, se se move por España, calquera outra farmacia adherida a este proxecto pode ver o mesmo que vemos nós aquí", engade o presidente do Colexio Oficial de Farmaceúticos de Ourense, Santiago Leis.
Datos compartidos sobre os que os clientes teñen toda a información e dereitos de privacidade.
Importante tamén para os farmacéuticos, que así poden facer un mellor seguimento do paciente e optimizar o rendemento dos tratamentos. Consideran que esta app será especialmente útil no caso dos pacientes polimedicados.