Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decenas de veciños da Laracha están a presentar reclamacións polo incremento do recibo a luz

Decenas de veciños da Laracha están a presentar reclamacións polo incremento do recibo a luz

Na maioría dos casos o aumento é de ata un 50 %

Este domingo a veciñanza celebrará unha asemblea para analizar a situación

G24.gal 24/02/2022 14:10

Decenas de veciños do concello da Laracha están a presentar estes días reclamacións en Consumo polos prezos, que consideran abusivos, nas últimas facturas de luz. 

Por iso a imaxe máis repetida estes días na oficina desta distribuidora eléctrica é a de veciños que entran coa última factura da luz e saen cunha reclamación. 

Unha situación que afecta a  moitos veciños da Laracha, que viron como o recibo da luz se disparou ata chegar a un 50 por cento máis que no anterior.

"De 280 a pagar 506 euros e o consumo é exactamente igual que no mes anterior", explica un dos afectados. 

A compañía distribuidora, que é unha delegación comercial e só fai labores de xestión como altas ou baixas, prefire non facer declaracións ao respecto. Tampouco a comercializadora se pronuncia.

Mentres, os veciños tiran de recursos para aforrar e reducir a factura, como é o caso de María Pilar que rexenta unha cafetería e pastelería e viu como a factura da luz lle incrementou nuns 450 euros.

Precisamente por isto, ten coidado "de ter as luces apagadas sobre todo durante o día que se apagan algunhas para que non teñamos tanto consumo ou empregar reloxos para que os rótulos só prendan en momentos puntuais", explica Pilar. 

Os veciños din que consideran os prezos abusivos, por iso este domingo a partir das once e media convocaron na Casa de Cultura da Laracha unha asemblea para a veciñanza coa que pretenden entre todos analizar a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade