Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decoran unha casa de Gondomar con 19.000 leds

Decoran unha casa de Gondomar con 19.000 leds

A familia programa un espectáculo diario de música e luz

G24.gal 17/12/2021 20:59

Logo de instalar na súa finca unha árbore de seis metros de altura o ano pasado, neste 2021 dobraron o número de bombillas. Para ter toda a decoración da casa a punto para a temporada de Nadal, esta parella de Gondomar empezou a montaxe en agosto.

Miguel, que é enxeñeiro informático, programou todo un deseño de luces inspirado nas súas mascotas favoritas e que baila acompasado co ritmo das cancións escollidas. O espectáculo é visible desde moitos puntos do Val Miñor. 

E tamén botaron contas da factura. Nesta casa calculan que esta instalación aumentará o seu recibo da luz uns corenta euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade