Degustación de balde de máis de 1.000 quilos de pementos en Oímbra
Degustación de balde de máis de 1.000 quilos de pementos en Oímbra
A festa naceu hai 26 anos para promover esta variedade da horta
Agora hai 14 produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida
Na comarca ourensá de Monterrei ademais de bo viño tamén producen pementos. En Oímbra celebraron este domingo a vixéximo sexta edición da Feira do Pemento, unha cita gastronómica que cada ano atrae máis visitantes.
Moito ambiente na Feira do Pemento de Oímbra e moita xente dende primeira hora para degustar os pementos fritidos que distribúen de balde. Tiñan 1.500 quilos para ofrecer durante toda a xornada.
Ademais, organizaron unha mostra de pratos que elaboraron os veciños e as veciñas co pemento como o ingrediente principal. Tamén houbo venda de produtos locais e exposición de maquinaria agrícola e música.
Esta festa do pemento de Oímbra naceu hai 26 anos para promocionar este produto da horta. Agora hai 14 produtores amparados pola Indicación Xeográfica Protexida, que producen ao ano uns 100.000 quilos de pementos.