Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello de Guntín enxalza os pementos de Mougán cunha festa e degustación gratuíta

O concello de Guntín enxalza os pementos de Mougán cunha festa e degustación gratuíta

É un dos produtos máis representativos da zona, que destaca polo seu sabor e calidade

 

G24.gal 24/08/2024 15:04

Os pementos de Mougán teñen todo o protagonismo hoxe en Guntín. Onte comezaron coas patacas para a tortilla e desde media mañá andan fritindo os pementos.

É un dos produtos máis representativos de lugar. Este ano a produción resentiuse polo mal tempo.

O pemento que se enxalza nesta festa é moi apreciado pola súa calidade. Coidalos é a clave.

Os pementos de Mougán contan coa distinción de Indicación Xeográfica Protexida desde 2015, pero xa desde moito antes celébrase a festa de exaltación. Non en van este ano alcanza a vixésimo primeira edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade