Publicador de contidos
Publicador de contidos

Oímbra festexa a calidade do seu pemento con Indicación Xeográfica Protexida

Oímbra festexa a calidade do seu pemento con Indicación Xeográfica Protexida

Celebran a XXVII edición da festa de exaltación do produto

Os catorce produtores locais colleron este ano uns 100.000 quilos

G24.gal 04/08/2024 14:43 Última actualización 04/08/2024 16:29

Desde a rompida do día, ferve o aceite en Oímbra. Non dan feito a asar pementos, mentres crecen as ringleiras de comensais.

"Desde as 9 da mañá ata as dúas, e á tarde máis", di unha das cociñeiras.

Uns pementiños brancos e carnosos que se desfán na boca. Un bocado exquisito do que dan fe veciños e visitantes.

Tamén nos amosan a súa versatilidade na cociña. Desde as clásicas tortillas e ensaladas, a licor de pemento ou un festival do entroido.

"Aquí é unha zona de moito entroido e fixen o pemento entroideiro, disfrazado con bigotes e unha lingua moi simpática", cóntanos Maribel, a autora dun dos pratos.

Este ano colleron uns 100.000 quilos de pementos. A temporada non empezou ben, polo frío, pero foi remontando para dar unha boa colleita.

"Non damos feito a mandar pementos, hoxe aquí e en Maceda, onte en Allariz...".

"Home! Míralle a pinta: está riquísimo", sinalan dous produtores da zona.

Catorce produtores están acollidos a esta indicación xeográfica protexida que segue ampliando mercado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar