Demostracións e actividades para escolares na Semana de Prevención de Incendios
Demostracións e actividades para escolares na Semana de Prevención de Incendios
A Xunta conta con 14 vehículos batracio
Máis de 800 escolares nas actividades da Semana de Prevención de Incendios
Profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais fixeron hoxe unha demostración do funcionamento desta unidade. A ela acudiu a conselleira do Medio Rural, quen destacou o carácter pioneiro dos equipos batracio.
María José Gómez fixo fincapé ademais no equipo humano que está detrás destas unidades e lembrou que o servizo galego é referente mesmo a nivel internacional.
Máis de 800 escolares composteláns pasaron pola Alameda de Santiago, para participar nas actividades da Semana de Prevención de Incendios. O obxectivo do programa é sensibilizar o barrio e mostrar as ferramentas para reaccionar ante situacións de emerxencia. Apréndennos a identificar os riscos que se poden presentar e a transferir o coñecemento necesario para actuar.
As actividades están dirixidas polas mañás o público escolar, e polas tardes ao público xeral . Unha das principais atraccións é "A Casa do Fume", unha casa inchable onde os participantes aprenden as fuxir dun lugar onde se iniciou un incendio. Tamén a utilizar unha mangueira e un extintor, hai exhibicións de vehículos de bombeiros ou traxes de intervención. Completan a actividade obradoiros de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios .Outro dos atractivos do programa son as exhibicións de rescate vertical en altura.
Lembran desde a organización da actividade que o ano pasado producíronse 176 mortes en incendios domiciliarios, 15 delas en Galicia. SInalan tamén que as campás extractoras e sobrecargar los enchufes con dispositivos electrónicos adoitan ser as habituais causas de incendios.