Derrota dolorosa do Deportivo Abanca cun gol no engadido (1-0)
Derrota dolorosa do Deportivo Abanca cun gol no engadido (1-0)
Inés Pereira estivo moi segura na portería, pero non puido evitar o gol marcado por Maca Portales
O Deportivo Abanca volveu quedar sen puntos no engadido. Ao igual que acontecera diante do Athlétic, contra o que concedeu un empate, diante do Levante Badalona encaixou no 90 o gol que decidiu o encontro e co que se lle escapou o punto que tiña no peto.
Avisou o equipo coruñés cunha oportunidade de Cris Martínez pero foi o Levante Badalona o que tivo as mellores oportunidades. No minuto 24 viu como se lle anulaba un gol e antes do descanso a porteira Inés Pereira realizou dúas intervencións de mérito que evitaron o primeiro gol.
Na segunda parte ningún dos dous equipos conseguiu impoñer o seu xogo. As ocasións escasearon e parecía seguro o empate final ata que chegou o gol marcado por Maca Portales cando xa non quedaba tempo para reaccionar.