Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrota histórica do partido de Erdogan nas municipais en Turquía

Derrota histórica do partido de Erdogan nas municipais en Turquía

A oposición socialdemócrata gaña as eleccións e gobernará as principais cidades turcas

G24.gal 01/04/2024 20:03 Última actualización 01/04/2024 20:26

O presidente turco Recep Tayyip Erdogan sofre a maior derrota electoral en 20 anos. A oposición, socialdemócrata e laica, impúxose nas principais cidades do país nas eleccións municipais e gañou en votos totais.  

Os analistas vinculan a vitoria da esquerda como reacción á política autoritaria de Erdogan. E pola situación económica do país, cunha inflación que o mes pasado acadou o 70 %.

O partido de Erdogan, conservador de tendencia islamista, mesmo perde nalgúns dos seus bastións históricos e resta votos fronte aos seus aliados fundamentalistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade