Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrotar a anfitrioa, o reto maiúsculo para a selección española

Derrotar a anfitrioa, o reto maiúsculo para a selección española

Os dous equipos que practicaron un mellor futbol na Eurocopa vense nos cuartos de final este venres

G24.gal 04/07/2024 22:14

As dúas seleccións que mellor xogo propuxeron esta Eurocopa mídense en Sttutgart en cuartos. Un duelo con aires de final en que España aspira a eliminar a anfitrioa do torneo, algo nunca conseguido ata o de agora.

A falta de coñecer o once, Luis de la Fuente ten a todos os xogadores dispoñibles. Para bater a Alemaña, España terá que tirar de oficio e non deixarse levar polos eloxios, dixo o adestrador.

España mira para si mesma a horas de afrontar un desafío maiúsculo: derrotar a Alemaña para xogar as semifinais da Eurocopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar