Derrotas do Ensino e Baxi Ferrol na Liga Feminina
Derrotas do Ensino e Baxi Ferrol na Liga Feminina
Mala tarde baloncestista para os nosos equipos. O Durán Maquinaria Ensino caeu en Lugo fronte ao Gernika. Gañaron as vascas un partido que foi igualado nos dous primeiros cuartos. Georgina Bahi e Laura Aliaga lideraron o equipo lucense, que sucumbiu á volta do descanso. Un parcial de 3-16 deixou o encontro decidido, e o último cuarto xa foi un trámite. Marina Lizarazu, con 11 puntos, foi a máxima anotadora dun Ensino que se mantén na zona media baixa da clasificación con tres vitorias.
O Baxi Ferrol tamén caeu na casa, noutro enfrontamento directo co Estudiantes. As galegas apañaron a quinta derrota consecutiva nun partido en que pagaron o seu mal primeiro tempo. Ao descanso perdían por 15. As tentativas de remontada foron infrutuosas. Carmen Grande, con 19 puntos, foi a mellor das galegas, que quedan con só dúas vitorias en nove partidos.