Escaseza nas boticas galegas do medicamento Ozempic polo seu uso para adelgazar
Emprégase para tratar a diabetes tipo 2 con bos resultados
Alertan dos riscos de tomar o fármaco cando as persoas están sas
O Ozempic, o fármaco antidiabético de tan bos resultados para a diabetes tipo 2, escasea nas farmacias galegas. O seu uso tamén como fármaco para adelgazar redobrou a presión sobre el.
Hai outras presentacións máis caras que non faltan. Na maioría das boticas reservan as poucas caixas que se subministran aos diabéticos máis graves.
Nas farmacias alertan sobre os perigos de consumir estes fármacos en persoas sas, xa que son relativamente novos e non sabemos exactamente os efectos adversos que terán a longo prazo.
Hai quen aposta porque se produza máis Ozempic e que a seguridade social o financie tamén para tratar a obesidade, pero o realmente grave é que os diabéticos queden sen el, xa que variar o tratamento prodúcelles importantes descompensacións.