Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desde este venres é obrigatorio ensinar o pasaporte covid para entrar nos bares

Desde este venres é obrigatorio ensinar o pasaporte covid para entrar nos bares

Ata o 18 de xaneiro, de momento, é preciso mostrar o certificado de vacinación nos locais de hostalería

G24.gal 31/12/2021 14:23

Polo que percibimos visitando algúns bares e cafeterías é que a obrigatoriedade de ter que presentar o pasaporte covid a todas horas está, en liñas xerais, a ser ben recibido tanto polos clientes como polos propietarios e hostaleiros.

O que tamén comprobamos e que, de xeito maioritario, os clientes ensinan o pasaporte en soporte dixital.

Nas zonas rurais, polo que nos din propietarios de bares, adoitan levar o pasaporte en soporte papel, pero o móbil está sendo compañeiro de viaxe imprescindible e acompaña os cafés, os refrescos e os petiscos.

Nos bares, piden os clientes, como sempre, pero tamén, desde hoxe, piden, ou deben pedir, os hostaleiros.

Ver os móbiles nas mesas non é novo. Pero si que é novidade que o pasaporte covid no teléfono sexa o acompañamento dun café.

Ser cliente habitual ou non, nun bar, cambia, en parte, o de ensinar ou non o pasaporte todas as veces.

Ata o dezaoito de xaneiro, de momento, nos bares non entra, ou non debería entrar, ninguén sen vacinar ou sen xustificar que non é positivo en coronavirus. O obxectivo é que os brindes nestes días de Nadal sexan, detrás das máscaras, o máis seguros posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos