Cargando resultados...
Despois dos terremotos, choivas torrenciais en Turquía
Despois dos terremotos, choivas torrenciais en Turquía
As intensas choivas caeron sobre zonas afectadas polos terremotos de febreiro
Hai catorce falecidos e cinco desaparecidos
Refuxiados de campamentos quedaron sen as súas vivendas provisionais
G24.gal
16/03/2023 07:46
En Turquía, nas zonas en que se rexistraron os sismos de febreiro, as choivas torrenciais causaron aínda máis estragos; polo de agora confirmáronse 14 falecidos e hai, din, cinco persoas desaparecidas.
Ademais, quedaron anegados campamentos de refuxiados, que perderan as súas vivendas nos terremotos que causaron 48.000 falecidos. A cidade de Sanliurfa e a provincia de Adiyaman son as zonas máis afectadas.