Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan unha vertedura na fonte de San Xosé en Parga

Detectan unha vertedura na fonte de San Xosé en Parga

Había manchas de graxa na arqueta que acumula a auga e cheiro a hidrocarburos

Realizáronse analíticas e están á espera dos resultados

G24.gal 28/02/2024 14:04

A fonte de San Xosé é un afamado manancial situado en Parga, pero, ollo, non se recomenda consumir polo momento a súa auga logo de detectar unha vertedura.

"Os veciños avisaron o Concello de que detectaban manchas na auga e que mesmo con cheiro a hidrocarburos. A sorpresa foi cando levantamos a arqueta porque estaba completamente manchado de hidrocarburos".

Veciños do lugar e tamén de concellos lindeiros, así como condutores que pasaban pola zona, acudían aquí a diario coller auga. Este é un manancial moi concorrido e agora os veciños están á espera de coñecer o resultado das analíticas encargadas polo concello. Tomaron mostras tanto pra comprobar a potabilidade da auga como para detectar a presenza de hidrocarburos.

"Ven xente de Parga, de Guitiriz e de todos os arredores".

A vertedura ten controversia. Chama a atención a concentración de hidrocarburo que se detectou na arqueta e tamén o feito de que alguén está a arrincar os carteis que alertan de que a auga non é potable. Este é xa o terceiro.

"Non sabemos xa que pensar. Primeiro que apareza a vertedura nunha arqueta sellada e que despois desaparezan todos os avisos que poñemos...".

"Isto é unha vergoña. Algo raro é porque o gasóleo non chega así como así".

Á espera dos resultados das analíticas, os veciños confían en que o intenso caudal do manancial, derivado das choivas dos últimos días, contribúa á limpeza da fonte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos