Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Vilagarcía un home por violar o afastamento da exparella

Deteñen en Vilagarcía un home por violar o afastamento da exparella

Foi no transcurso dunha liorta que desencadeou a parella co persoal dun bar por rexeitar servirlle unha copa

O incidente que deu lugar a detención tivo lugar onda un bar da zona de ocio do porto deportivo
G24.gal 01/11/2022 13:50

Foi na zona de bares próxima ao porto deportivo de Vilagarcía contra as nove da mañá deste sábado cando os locais estaban pechados ou recollendo tras unha noite de actividade. A liorta desencadeouse coa chegada dunha parella a un bar e o dono e a empregada rexeitaron poñerlles unha copa.

"Non llela quixeron poñer e empezou a berrar e querer baterlle, ela ao dono do bar e a exparella á camareira. Empezaron a lanzar cadeiras, pedras, quería tirarlle un testo....", conta Manuel, que di que viu o incidente.

Engade que foron máis trinta minutos de acción violenta ata que chegaron efectivos da policía local e da Nacional: "Estiveron uns trinta ou corenta minutos tirando cousas, ata que chegou a policía. Porque a parella quería entrar no bar, pero non os deixaron".

Segundo informou a policía local de Vilagarcía, a muller, con signos evidentes de estar baixo os efectos do alcol e outras substancias, agrediu a traballadora do bar e tamén se enfrontou ao seu acompañante. El ten unha orde de afastamento dela desde hai un mes. Foi polo que o trasladaron á comisaría de policía.

"Detiveron o noivo, exnoivo, pola orde de afastamento e levárono. Vino como o levaban esposado. E a rapaza tiña un ollo morado ou negro. Non sei se lle pegaran aquí ou que. Os do bar dixeron que fora agresión da súa exparella, que xa lle pegara antes el", explica a testemuña do suceso.

A muller, pola súa parte, denunciou os do bar como presuntos autores da lesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade