Suspendida do seu cargo unha vicepresidenta da Eurocámara por un caso de corrupción vencellado a Qatar
Suspendida do seu cargo unha vicepresidenta da Eurocámara por un caso de corrupción vencellado a Qatar
Suspendida do seu cargo unha vicepresidenta da Eurocámara por un caso de corrupción vencellado a Qatar
A Policía xudicial belga arrestou un total de cinco persoas na operación, entre elas Eva Kaili
A socialdemócrata grega Eva Kailí, unha das vicepresidentas do Parlamento Europeo, atópase entre as cinco persoas detidas en Bélxica no marco dunha investigación por un posible caso de corrupción ligado a Qatar, país que acolle o mundial de fútbol.
A presidenta da Eurcámara suspendeuna do seu cargo.
A Policía Xudicial efectuou en total 16 rexistros domiciliarios e arrestou cinco persoas, entre elas a eurodeputada grega, un exmembro do PE e o presidente da Confederación Europea de Sindicados.
O partido socialdemócrata de Grecia, PASOK-KINAL, apartou a Eva Kaili das súas filas e, segundo medios locais, agárdase que o luns solicite ao Partido Socialista Europeo a súa expulsión do grupo parlamentario.
"Tras os últimos acontecementos e a investigación das autoridades belgas sobre a corrupción de funcionarios europeos, a eurodeputada de PASOK Eva Kailí foi apartada das filas do partido por decisión do presidente Nikos Andrulakis", anunciou o partido de centroesquerda mediante un comunicado.
A eurodeputada eloxiara recentemente a Qatar pola súa política laboral, unha posición que fora condenada polo líder de PASOK.
Segundo indica a Fiscalía federal belga nun comunicado, a policía xudicial sospeitaba desde hai meses que "un Estado do Golfo" presuntamente pagou "substanciais cantidades de diñeiro" a funcionariado europeo para influenciar na política do PE.
Investígase así mesmo a presunta comisión do delito de "lavado de cartos", engade o texto.