Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida na AP-9 unha banda xeorxiana itinerante dedicada a roubar en zonas urbanas

Detida na AP-9 unha banda xeorxiana itinerante dedicada a roubar en zonas urbanas

O subdelegado do Goberno en Pontevedra asegura que a operación continúa aberta polo que non descartan novos arrestos

A peaxe de Pontevedra nunha imaxe de arquivo
G24.gal 15/02/2025 12:10 Última actualización 15/02/2025 15:09

A Policía Nacional detivo este venres, na peaxe da AP-9 en Pontevedra, unha banda xeorxiana itinerante supostamente dedicada a roubar en diversas zonas urbanas da comunidade.

Nun acto en Marín, o subdelegado do Goberno na provincia, Abel Losada, asegurou que a operación continúa aberta polo que non se descartan máis detención nas vindeiras horas.

"Queremos unha vez máis estar á beira dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e, sobre todo, dar as grazas á Policía Nacional, que está a traballar ben en todas as frontes", apuntou.

Ao parecer foron detidas polo momento seis persoas nun operativo que causou gran espectación. A banda estaría especializada a asaltos a vivendas. A operación iniciouse hai uns meses logo das denuncias presentadas por roubos en propiedades privadas das provincias da Coruña e Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade