Detidas un cento de persoas por actos de pillaxe, roubos e saqueos en Valencia
Detidas un cento de persoas por actos de pillaxe, roubos e saqueos en Valencia
Carlos Mazón pediulle ao Ministerio do Interior que reforce o número de efectivos dos corpos e forzas de Seguridade do Estado
O número de detencións por roubos, actos de pillaxe e saqueos nas zonas afectadas pola dana na Comunidade Valenciana ascenden xa ao centenar, segundo informaron fontes da Garda Civil e da Policía Nacional.
O presidente da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón, pediulle ao Ministerio do Interior que reforce o número de efectivos dos corpos e forzas de Seguridade do Estado que traballan nas localidades asolagadas para evitar novos roubos e saqueos.
"Necesitamos máis efectivos patrullando", pediu.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou, na súa comparecencia deste sábado, que as forzas de seguridade van seguir patrullando "para garantir a orde e a lei" e lamentou que haxa xente que aproveite a situación para cometer actos delituosos.
Os xulgados valencianos xa ordenaron o ingreso en prisión preventiva de 12 persoas que foron detidas desde o mércores por actos de pillaxe en comercios afectados pola DINA.