Detido en Portugal un home acusado de intentar violar e asasinar dúas mozas
Detido en Portugal un home acusado de intentar violar e asasinar dúas mozas
O home, de orixe salmantina, viviu durante unha época en Lugo tras saír da prisión
En Portugal, detiveron a Manuel Martínez. É un convicto de orixe salmantina e vello coñecido na cidade de Lugo, onde residira durante unha época tras saír da prisión. Aseguraba que non era un perigo para a cidadanía, pero, presuntamente, volveu atacar no país veciño.
Foi na cidade alentexana de Elvas, onde o septuaxenario español foi detido por feitos ocorridos o pasado martes, cando intentou violar e asasinar dúas mulleres novas que acampaban na natureza.
As vítimas conseguiron fuxir e, feridas de gravidade, foron rescatadas pola policía. Os axentes atoparon o sospeitoso, nas inmediacións, onde residía nunha caravana.
Está acusado de varios delitos, como tentativa de homicidio con arma de fogo, secuestro, violación e posesión ilegal de armas.
Previamente, cumprira dúas condenas de, en total, más de 20 anos de cadea por dous asasinatos e tres violacións, segundo recolle o xornal El Progreso. Agora queda explicar por que foi posto en liberdade sen a pulseira GPS que se lle esixía.