Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queda en liberdade o home detido por golpear o coche de Sánchez na visita a Paiporta

Queda en liberdade o home detido por golpear o coche de Sánchez na visita a Paiporta

Segundo a Garda Civil, o detido non está vinculado con grupos ultras

O presidente do Goberno é protexido polos seus escoltas durante os incidentes rexistrados o pasado 3 de novembro en Paiporta (Carlos Luján / Europa Press). O presidente do Goberno é protexido polos seus escoltas durante os incidentes rexistrados o pasado 3 de novembro en Paiporta (Carlos Luján / Europa Press).
G24.gal 06/11/2024 13:07 Última actualización 06/11/2024 14:25

A Garda Civil detivo un home de 41 anos por golpear cun pau o coche do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante a visita que fixo o pasado domingo cos reis á localidade valenciana de Paiporta, e que, tras pasar a disposición xudicial, quedou en liberdade.

Fontes da investigación informaron do arresto deste home, nacido en Paiporta, residente na localidade lindeira de Albal e sen antecedentes penais, quen foi gravado cando golpeaba cunha escoba de varrendeiro o cristal traseiro do coche do xefe do Executivo.

A investigación diríxea o Xulgado de Instrución número 3 de Torrent, que abriu o luns dilixencias previas tras recibir un atestado da Garda Civil sobre o ocorrido durante a visita. Foi a instancia xudicial a que decretou a súa posta en liberdade provisional.

O detido non está vinculado con grupos ultras, segundo as mesmas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade