Día da Muller e a Nena na Ciencia
Día da Muller e a Nena na Ciencia
11 científicas do ámbito biosanitario de Galicia ofreceron exemplo do papel da muller en todas as etapas da carreira no mundo científico
11 científicas do ámbito biosanitario de Galicia ofreceron exemplo do papel da muller en todas as etapas da carreira no mundo científico. Elas son esas referentes femininas necesarias para que as nenas normalicen a presenza da muller nos laboratorios. Porque tamén no eido das probetas e microscopios existe a brecha de xénero, moi visible unha vez pasadas as primeiras etapas da carreira investigadora.
Se falamos de dirixir equipos de investigación, o 60 % son homes e un 30 ou 40% son mulleres, asegura, Laura Muinelo, a responsable da unidade de biopsia líquida do IDIS
Dada a tendencia de xénero existente, é importante transmitirlles ás mulleres e ás nenas a idea de que deben crer na súa valía. Así evitaríase a inseguridade de moitas antes, durante e despois de elixir unha carreira científica, como lle pasou a Sara.
"Esas dúbidas sobre se serwi capaz ou non serei capaz si ten que ver co nesgo de xénero, porque moitas veces os mozos nin sequera chegan a pensalo, tiran para diante e xa está", di Sara Martínez, investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
Fomentar a inclusión das nenas e insistir na educación e políticas de igualdade e de conciliación familiar son a garantía dunha ciencia sen brecha de xénero.