Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz Ayuso asegura que Sánchez foi "á venezolana" na investigación da súa parella

Díaz Ayuso asegura que Sánchez foi "á venezolana" na investigación da súa parella

A presidenta de Madrid evitou referirse ao tema, xa que asegura que non ten relación co seu rol político

Isabel Díaz Ayuso coa súa parella, Alberto González Amador Isabel Díaz Ayuso coa súa parella, Alberto González Amador
G24.gal 24/03/2024 19:48 Última actualización 24/03/2024 20:51

A presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, afirmou este domingo que o xefe do Goberno español, Pedro Sánchez, "decidiu ir ‘á venezolana’ e utilizar todos os poderes do Estado contra o adversario político", cando se lle preguntou nunha entrevista co diario conservador chileno El Mercurio pola investigación que a xustiza española abriu á súa parella, Alberto González Amador, por dous presuntos delitos fiscais.

"Equivócase gravemente, porque España aínda ten contrapesos, ten un poder xudicial e unha democracia consolidada que acaba de dar ao noso proxecto unha maioría absoluta no Parlamento, cousa que el non ten. Quen tería que exporse a súa continuidade na política é el", engadiu a líder do PP madrileño nunha conversa co medio chileno.

Nun acto de promoción de Viños de Madrid en Chile, a presidenta rexional madrileña evitou referirse ao tema "porque está nunha vía xudicial" e porque "non ten nada que ver" co seu rol como presidenta da Comunidade de Madrid.

Ayuso acusou a Sánchez de "xerar polémica para desviar o foco mediático" e fixo mención ás acusacións que fixeron desde o seu partido á muller de Sánchez, Begoña Gómez, pola suposta vinculación co grupo Globalia, propietario de Air Europa, antes de que se producise o rescate da aeroliña por parte do Executivo español.

"Hai un amplo debate sobre o b ademais de que parte da trama empresarial e das relacións que mantivo a esposa do presidente están relacionadas coa trama de corrupción que se está investigando por parte dos xuíces españois", indicou Ayuso na propia entrevista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade