Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz conversa co papa sobre desigualdade e crise ambiental, como os 'pellets' en Galicia

Díaz conversa co papa sobre desigualdade e crise ambiental, como os 'pellets' en Galicia

"Francisco é o mellor embaixador do traballo decente no mundo", dixo a vicepresidenta segundo e ministra de Traballo

(Imaxe: VaticanNews) (Imaxe: VaticanNews)
G24.gal 02/02/2024 13:08 Última actualización 02/02/2024 13:38

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, reuniuse este venres durante case unha hora co papa Francisco, con quen abordou temas como as desigualdades e a crise ambiental, co exemplo dos granulados nas praias de Galicia.

Díaz explicou aos medios que esta reunión con Francisco chega "nun momento moi importante no que o mundo está a vivir crises múltiples, como a ambiental, e unha desigualdade descoñecida".

Un dos asuntos tratados foi o do traballo. "Francisco é o mellor embaixador do traballo decente no mundo", dixo Díaz, quen engadiu que comparte con el "a defensa dunha economía social e solidaria e isto é moi importante para dar esperanzas a España, a Italia e a todo o mundo".

Outros asuntos nesta longa reunión na Biblioteca do Palacio apostólico foron as guerras, pero non só a de Gaza e Ucraína se non tamén outras como Iemen.

Así como "as relacións económicas desiguais e a acumulación da riqueza por grandes empresas e multinacionais, da crise ambiental en Galicia, dos 'pellets', das migracións e dereitos humanos e todos os problemas cruciais".

A vicepresidenta segunda ademais presentou ao papa a proposta de redución da xornada laboral, "que tamén defende Francisco" e da desigualdade que "en España é moi importante" pero matizou: "Non quero ocultarlles que é a mais baixa dos últimos 10 anos polo que imos na dirección correcta".

Tamén se falou durante o encontro da seca e da actual protesta dos agricultores en toda Europa.

Díaz tamén puido tratar co papa da relación de Galicia con Arxentina. A reunión foi "moi cordial e emotiva", segundo indicaron fontes da delegación española.

Trátase do segundo encontro entre ambos, pois a líder de Sumar xa se entrevistou co pontífice no Vaticano o 11 de decembro de 2021. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade