Diego Rivas: "O obxectivo do club é o ascenso"
O porteiro xogou o pasado sábado ante o Calahorra o seu primeiro partido como titular
Aproveitou a ausencia de Gianfranco Gazzaniga para reivindicar o seu lugar no equipo
Definiuse coma racinguista e amosouse ambicioso de cara o obxectivo dos departamentais esta temporada
Diego Rivas é un dos capitáns do Racing de Ferrol e onte xogou 'Ao contraataque'. Os departamentais rematan o ano en postos de play off de ascenso e o porteiro de Narón debutaba en liga esta temporada no partido do sábado pasado ante o Calahorra. O racinguista valoraba a situación do equipo e o seu momento persoal:
"O importante é que o colectivo está sumando moitos puntos. Axudar dende dentro a acadar unha vitoria tamén me axuda no persoal. A lesión nunca chega en bo momento. Son racinguista e o que me importa é que o equipo estea ben. O obxectivo do club é o ascenso. Fíxose un equipo para loitar por ese obxectivo. Xa collemos a regularidade que necesitabamos. O equipo é moi sólido e fiable".