Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dimisión do presidente do INE: unha nova polémica coas estatísticas en cuestión

Dimisión do presidente do INE: unha nova polémica coas estatísticas en cuestión

Feijóo acusa o Goberno de querer controlar o organismo e di que é unha mala noticia para a credibilidade de España

O Executivo, que cuestionara algún dos datos do INE, circunscribe a marcha a un "reforzo do sistema estatístico"

Juan Rodríguez Poo, nunha imaxe de arquivo (EFE/Pedro Puente Hoyos) Juan Rodríguez Poo, nunha imaxe de arquivo (EFE/Pedro Puente Hoyos)
G24.gal 28/06/2022 11:39 Última actualización 28/06/2022 16:11

A dimisión esta noite pasada do presidente do Instituto Nacional de Estatística (INE), Juan Rodríguez Poo, a pesar de producirse, segundo unha nota da Secretaria de Estado de Comunicación, "por motivos persoais", abre unha nova polémica política.

A dimisión prodúcese despois de que desde as filas do Goberno cuestionaran os datos do PIB e o IPC nas estatísticas elaboradas polo INE, e tamén despois de que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, acusara o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de facer unha "fuxida cara adiante", tentando controlar organismos como Indra, o INE, ou o Tribunal Constitucional.

Feijóo fala de "cesamento" e dunha "pésima noticia para a credibilidade de España"

Núñez Feijóo falaba este martes do "cesamento do director do INE". Cualificouno como unha "pésima noticia" para a credibilidade de España e algo inédito nos últimos 30 anos, salvo nos cambios de Goberno.

Núñez Feijóo defendeu que as estatísticas españolas "están ben feitas" e utilizan a metodoloxía "adecuada", que concorda coas do organismo comunitario Eurostar. Por iso, o cesamento de Rodríguez Poo é "un erro que afecta á credibilidade, fiabilidade e reputación do Reino de España".

Pero segundo o comunicado no que se daba conta da dimisión de Rodríguez Poo, a súa marcha circunscríbese nun "reforzo do sistema estatístico estatal cunha reforma legal e un novo estatuto para o INE".

"As reformas impulsadas polo Goberno para reforzar e modernizar o Sistema Estatístico estatal alcanzaron un fito fundamental coa aprobación no Parlamento dunha modificación da Lei da Función Estatística Pública", sinala o Goberno, que espera nomear a un substituto nas próximas semanas.

O PSOE di que o PP non pode dar leccións

O portavoz do PSOE no Congreso, Héctor Gómez, sobre as críticas do PP reprochou aos populares que eles fixeron todo para alcanzar o poder, mesmo utilizar ao Ministerio do Interior e á Policía para "atacar aos rivais políticos". "Cre o ladrón que todos son da súa condición", expresou.  

Así mesmo, Gómez indicou que o Goberno actuou con serenidade e cumprindo os nomeamentos necesarios porque se unha persoa dimitiu a súa "responsabilidade é substituír" e xestionar as institucións con "total transparencia".  

Pola súa parte, o presidente dos empresarios, Antonio Garamendi, defendeu o prestixio do Instituto Nacional de Estatística. Cre que organismos así deben ser independentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade