Dispárase o número de probas diagnósticas en Galicia
Dispárase o número de probas diagnósticas en Galicia
Xa se superaron os tres millóns de análises
Nas últimas horas fixéronse 15.300 PCR
Longas colas para facer a proba PCR nos centros habilitados e para conseguir un test de antíxenos nas farmacias. Foi a tónica durante esta semana, en que se bateron marcas coas 15.300 PCR realizadas na xornada deste venres.
En Galicia lévanse feito 3.225.000 probas dende que comezou a pandemia, é dicir, medio millón máis que o número total de habitantes. Un traballo que só se viu freado pola escaseza de antíxenos nas farmacias, onde están practicamente esgotados.
Os tests de antíxenos reducen entre 24 e 48 horas o período de diagnose e, polo tanto, diminúen as posibilidades de transmisión do virus. Neste labor é fundamental o traballo de recollida de mostras pero tamén a eficacia e velocidade da tecnoloxía empregada nos centros de análise.
O máis importante de todo é que a poboación estea concienciada de realizar os tests de antíxenos en canto detecten algún síntoma.
Os que seguen a estar dispoñibles nas boticas son os tests de cuspe, pero o seu uso está polo momento reservado para menores de entre cinco e once anos.