Cargando resultados...
Djokovic, expulsado de Australia
Djokovic, expulsado de Australia
O número 1 do mundo será deportado e non poderá xogar o Open de Australia
G24.gal
16/01/2022 09:54
Remata o serial Novak Djokovic. O tenista serbio será deportado e non poderá xogar o Open de Australia. Os tres maxistrados da Corte Federal déronlle a razón ao goberno do país australiano e tombaron os argumentos que presentaron os abogados do tenista.
Djokovic amosouse "profundamente decepcionado" pola decisión da xustiza aínda que asegurou "respectar o fallo do tribunal" e que vai cooperar coas autoridades correspondentes.
A última semana foi de tolos para o número 1 do mundo, primeiro co seu interrogatorio no aeroporto, logo foi retido polas autoridades e acabou en liberdade provisional agardando o fallo que se produciu no día de hoxe.