Publicador de contidos
Publicador de contidos

Djokovic gaña Roland Garros e volve coller vantaxe na carreira dos Grandes

Djokovic gaña Roland Garros e volve coller vantaxe na carreira dos Grandes

Coa súa terceira Copa dos Mosqueteiros, o serbio suma 23 títulos de Grand Slam

Logo da vitoria sobre Kasper Ruud en tres sets, ten xa un máis que Rafa Nadal

Foto: EFE
G24.gal 11/06/2023 18:23

Novak Djokovic segue facendo historia. O serbio segue amosando unha fame de triunfos impropia da súa idade e, na final de Roland Garros, completou un torneo espectacular, en que só cedeu dous sets, un nos cuartos de final contra Khachanov e outro na semifinal contra Carlos Alcaraz.

A final resolveuna pola vía rápida, en tres quendas, contra Kasper Ruud. O noruegués tivo vantaxe durante o primeiro set, pero non a deu aproveitado. No tie break, Djokovic acelerou e despachouno por 7-1. O segundo set tivo menos historia, cun 6-3 que aventuraba unha resolución rápida. O primeiro xogo da terceira volta levouno Ruud, que gozou de vantaxe ata o 5-4, pero Djokovic tiña xa entre cella e cella o seu 23.º Grand Slam. Tres xogos consecutivos, incluída a primeira rotura de saque, e pechou o partido co 7-5 en 3 horas e 13 minutos. Así superaba ao seu gran rival pola historia Nadal, no torneo que peor se lle dá. Ese no que, malia a todo, xa suma tamén tres títulos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos