Cargando resultados...
Doazón solidaria da Garda Civil a Cáritas
A Garda Civil da Coruña entrega alimentos a Cáritas
G24.gal
20/12/2022 11:54
Chega o Nadal e é tempo de ser solidarios cos que menos teñen. A Garda Civil entregou a Cáritas no concello de Oleiros os alimentos que xuntaron na Comandancia da Coruña e no destacamento de Tráfico.
Nesa parroquia atenden 100 familias cada semana. Aseguran que este ano é máis necesaria que nunca esta axuda, pola suba dos prezos. Por unha banda fai que se entreguen menos cantidade e por outra que sexa máis difícil para os que menos teñen poder compralos.