Publicador de contidos
Publicador de contidos

Educación súmase á loita contra o consumo de bebidas enerxéticas

Educación súmase á loita contra o consumo de bebidas enerxéticas

Vai prohibirlles ás empresas que xestionan comedores escolares poñer estas bebidas á disposición do alumnado

G24.gal 25/02/2024 13:39 Última actualización 25/02/2024 15:29

A Consellería de Educación súmase á loita contra o consumo de bebidas enerxéticas en menores. De feito vai prohibirlles a todas as empresas que xestionan comedores ou máquinas expendedoras nos centros escolares que teñan esas bebidas á disposición do alumnado.

O novo Parlamento galego aprobará a lei que restrinxe a venda e o consumo destas bebidas a menores. Nesa liña actúa agora o departamento de Educación.

A maioría das familias está de acordo con estas medidas, xa que consideran que a cafeína, a taurina ou o azucre en exceso non son bos para a saúde, pero as agresivas campañas publicitarias destas bebidas non axudan a controlar o seu consumo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade