Domingo case de verán, con temperaturas por riba dos 20 graos
Domingo case de verán, con temperaturas por riba dos 20 graos
Ourense achegouse aos 30 graos e Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo, aos 25
O predominio do anticiclón e o vento do sur deixaron un domingo agradable, con temperaturas máximas por riba do 20 graos en todo o país.
"Agradécese, con tanta chuvia que houbo, agradécese".
"Preferimos o sol".
"Este mes estamos como para o inverno, pero agradécese sempre porque ata hai un momento había un soliño que para estar na praia era perfecto, ademais con menos xente".
En Ourense achegáronse aos 30 graos. Tamén se superaron os 25 en Ferrol, Pontevedra e Vigo. Uns valores que animaron a moitos a achegarse á praia. A maioría para pasear, pero os máis animosos puxeron o traxe de baño e mesmo se atrevéronse a mergullarse no mar.
"Son as Rías Baixas, hai que estar preparado sempre coa mochila e coa toalla porque e isto é case sempre".
"Hai anos que outubro é moi bo".
"Estamos no outono, o tempo das setas, e tamén dos xeados".
Tamén en Lugo as máximas achegáronse aos 25 graos, unha vez que se retiraron as néboas matinais. Este luns manterase a influencia anticiclónica, se se cumpren as previsións.