Publicador de contidos
Publicador de contidos

Domingo de compras na última fin de semana antes do Nadal

Domingo de compras na última fin de semana antes do Nadal

Moito movemento nos centros comerciais de Vigo e A Coruña

 

G24.gal 19/12/2021 22:02

Estamos na fin de semana previa ao Nadal e moitas persoas aproveitaron a tarde do domingo para facer esas últimas encargas a Papa Noel. 

En Vigo nótase, sobre todo, nos centros comerciais. En xeral, as familias foron bastante previsoras. Pero sempre hai algún agasallo que se resiste e este tipo de áreas, con innumerables tendas, optimizan o traballo de busca.

En xeral, o gasto dos galegos e galegas este ano será similar ou incluso inferior ao do ano pasado. É dicir, desembolsarán algo máis de 400 euros de media.

Eses agasallos xa están en camiño sexa en forma de libros, de roupa ou de calzado que este ano serán dos produtos máis demandados.

Con todo, o sector do comercio pensa que a pandemia estará moi presente estas festas e iso marcará o ritmo do Nadal. 

Tamén na Coruña os centros comerciais viviron un domingo intenso. Aínda quedan varios días por diante, pero non todos poden sacar tempo para facer as compras durante a semana.

As tendas notan o ambiente menos tenso ca o ano pasado. A fin de semana deixa un balance máis que positivo para os comerciantes. E así seguirá previsiblemente ata a véspera do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos