Publicador de contidos
Publicador de contidos

Domínguez e Moreno, bronce en augas francesas

Domínguez e Moreno, bronce en augas francesas

Os españois do C2 loitaron ata o final e conseguiron a medalla nunha photofinish apertadísima

Foron de menos a máis e remontaron postos para subirse ao caixón olímpico

A parella española celebrando. EFE A parella española celebrando. EFE
G24.gal 08/08/2024 13:46

Nova medalla en augas francesas. Esta vez foron Joan Antoni Moreno e Diego Domínguez, este último considerado atleta galego de alto rendemento, os que fixeron historia no C2 500 metros. Non eran favoritos, pero tiñan posibilidades e convertéronas en realidade.

Comezaron ben os españois, que non colleron a cabeza pero aguantaron toda a proba cerca dos tres primeiros, para despois atacar a colgarse a medalla ao pescozo nunha photofinish agónica na que saíron ben parados.

Unha nova medalla española pasada por auga no primeiro día de finais de piragüismo e canoa, dúas probas nas que hai varias oportunidades de subirse ao caixón. A primeira foi esta de Joan Antoni Moreno e Diego Domínguez, que xa entraron no olimpo parisiense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade